Manuel Suárez

... A "pintura-pintura", é algo que entrou na miña vida por casualidade e que como o auténtico amor, cae en picado e se enraíza ao instante... Atópome dividido en dous campos: a abstracción e a figuración, para min só as separa unha mera execución. É todo a mesma busca, no fondo non me divide necesito aos dous e non se rifan. As dúas lévanme ao mesmo: a conseguir ese espido no que te atopas cando a xente as observa, me observa… é incrible: ti estas aí coas túas vísceras ao aire e ás veces créase ese espazo en que o espectador chega a tomar incluso o pulso dos teus tecidos máis brandos.

 

 

Manuel Suárez . 2010 . Términos legales . Créditos .