METRÓPOLIS

"Non me gustaría nada que Freud explorase nesta serie, vén de non sei cando, de non sei que infancia.
Atracción fatal, sempre me pasa o mesmo, póñome ao lado do submundo, e sáeme unha obra condenada ao goce da odiosa “elite intelectual”.
O Medievo e o futuro, submundo, decorados, mecánica, o ditoso modernismo, que se agarra a min coa mesma lóxica que o flamenco a unha gaita.
Supoño que do orixinal o que máis me impactou foi a súa valentía, a súa frescura, a auténtica modernidade e a viaxe á vangarda (futuro ou pasado) de Fritz Lang ou mellor da sua Thea. O seu expresionismo alemán, tatuado na miña retina, e unha amálgama entre esa obsesión e a evolución natural da miña obra.
Negro, por suposto imprescindible, o grafito é para o submundo, e o resultado, unha rabia á que non atopo explicación, pero que me cativa, porque se coa na execución, sen invitación, só pode ser ese tatoo da miña retina."

Manuel Suárez . 2010 . Términos legales . Créditos .